top of page

Unha película con nome de muller, “Farha”, será a cinta de hoxe xoves de AMAL 2022

A cita será ás 21 horas no Teatro Principal, con entradas á venda en Ataquilla.com ou unha hora antes da proxección no despacho de billetes do teatro.


A Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2022 volve hoxe xoves, 27 de outubro, ao Teatro Principal de Santiago (rúa Nova, 21). O público poderá ver ás 21:00 horas unha nova longametraxe de ficción, “Farha”, película en versión orixinal con subtítulos en castelán, dirixida por éa directora, produtora e guionista xordana Darin J. Sallam. Palestina, ano 1948. Farha, unha nena de 14 anos, soña con ir á escola e abandonar a dura vida no campo. Os seus soños acaban saltando polo aire cando un día de maio as forzas de ocupación israelís invaden o seu pobo e cercan o seu domicilio.


Darin J. Sallam é directora, produtora e guionista. De nacionalidade xordana, formouse cinematograficamente nos Estados Unidos onde comezaría a súa carreira rodando diversas curtametraxes. No ano 2016 fundou a produtora TaleBox co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento da industria cinematográfica xordana e árabe.


A semana de cinema, organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas, celébrase entre os días 24 e 29 de outubro. As películas proxectaranse do martes 25 ao sábado 29 no Teatro Principal e proxectaranse cinco cintas –tres películas de ficción e dous documentais– que se poderán ver nun pase único por día ás 21:00 horas. As entradas teñen un custo de tres euros (+ gastos de xestión) e están xa á venda en Ataquilla.com. Tamén as entradas restantes poderanse adquirir no despacho de billetes do Teatro Principal, unha hora antes de cada proxección


Comments


bottom of page