
As entradas están á venda en Ataquilla.com ou no despacho de billetes do teatro, unha hora antes da sesión
A Semana de Cine Euroárabe AMAL 2024 continuará mañá mércores coa terceira proxección da semana. Ás 21:00 horas poderase ver no Teatro Principal o documental “Bye Bye Tiberias”, dirixida pola cineasta Lina Soualem.
Narra a historia de Hiam Abbass que, tras emprender unha carreira de actriz en Francia, regresa a súa casa en Palestina coa súa filla, a directora do documental Lina Soualem, un relato íntimo sobre catro xeracións de mulleres e o seu legado compartido de separación
Sinopse:
Anos despois de deixar a súa aldea palestina para emprender unha carreira de actriz en Francia, Hiam Abbass regresa a casa coa súa filla (a directora do documental Lina Soualem) neste documental íntimo sobre catro xeracións de mulleres e o seu legado compartido de separación. Tráiler

A directora | Lina Soualem
Cineasta e actriz franco-palestina-alxerina, Lina Soualem é licenciada en Historia e Ciencias Políticas pola Universidade da Sorbona. Soualem dirixiu os multipremiados filmes “Their Algeria” (2020) e “Bye Bye Tiberias” (2023), o cal foi elixido para representar a Palestina nos Oscar de 2024.
Menú Amal 2024
Como é habitual, o restaurante Caney organizará a Semana Gastronómica de AMAL, do 21 ao 26 de outubro, onde se ofrecerá un menú árabe deseñado por Pedro Roca, chef do restaurante coñecido polo seu gusto pola gastronomía intercultural e que aportará á proposta o seu toque persoal, pero sempre conservando as características e propiedades da auténtica cociña árabe.
Comments