A Semana de Cine Euroárabe AMAL 2024 finalizará mañá venres, no Teatro Principal ás 21:00 horas, coa proxección da película “The Old Oak”, dirixida polo británico Ken Loach.
As entradas están á venda en Ataquilla.com ou no despacho de billetes do teatro, unha hora antes da sesión
Sinopse:
O filme narra o futuro de The Old Oak, o único pub que resiste nunha vila do noroeste de Inglaterra, onde a xente está abandonando a terra a medida que pechan as minas. As casas son baratas e están dispoñibles, polo que é un lugar ideal para un grupo de refuxiados sirios. Tráiler oficial (Vértigo Films).
O director | Ken Loach
Ken Loach é un director británico de renome, coñecido polo seu estilo realista e o seu enfoque sobre temas sociais e políticos. Ao longo da súa carreira, dirixiu aclamadas filmes como “I, Daniel Blake”, “Riff-Raff” e “The Wind that Shakes the Barley”, todas elas premiadas internacionalmente. Loach destaca polo seu compromiso coa xustiza social, acotío explorando as loitas das clases traballadoras e grupos marxinais nas súas obras cinematográficas.
Menú Amal 2024
Como é habitual, o restaurante Caney organizará a Semana Gastronómica de AMAL, do 21 ao 26 de outubro, onde se ofrecerá un menú árabe deseñado por Pedro Roca, chef do restaurante coñecido polo seu gusto pola gastronomía intercultural e que aportará á proposta o seu toque persoal, pero sempre conservando as características e propiedades da auténtica cociña árabe.
Comments