A Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2018 pon fin mañá venres á súa décimo sexta edición coa proxección no Teatro Principal de Santiago do documental LOS SALTADORES e a longametraxe ZAGROS, que se poderán ver en versión orixinal subtitulados en español. A mensaxe desta edición de Amal pretende achegar a cultura árabe e a galega, e para iso creáronse unha serie de tweets, co hashtag #EuSonOTeuVeciño, para trasladar á sociedade mensaxes de xenofobia vistos en redes sociais co obxecto de facer chegar a cultura árabe e alcanzar unha sociedade máis xusta e tolerante.
A primeira sesión da xornada final de cinema será ás 20:00 horas e o público poderá ver o documental “Os saltadores”, dirixida polo alemán Moritz Siebert e o danés Estepahn Wagner coa codirección do maliano Abou Sidibe. O documental realizouse en 2016 baixo produción danesa e da man do produtor e fotoperiodista melillense Jesús Blasco. Trátase dun documental gravado en primeira persoa por Abou Sidibé que relata o seu últimos catro meses no Monte Gurugú de Marrocos, o seu salto do valo e a súa entrada no Centro de Internamento de Estranxeiros ( CETI) de Melilla. O filme trata de mostrar ao espectador o drama que se vive no monte á espera dunha oportunidade para saltar o triplo valo fronteirizo que separa Marrocos de Melilla. Abou leva o peso do documental coas súas narracións e as súas gravacións. No tráiler pódese escoitar a Abou dicindo: “Cando miras o mundo a través dunha cámara comezas a percibir o que che rodea de maneira diferente. Gustábame crear imaxes e atopaba belo poder facelo. Iso empezou a ter sentido para min. Empeceime a expresar a través das imaxes. Sentía que existía cando estaba a gravar”. Abou atópase agora vivindo en Alemaña, logrou saltar a Melilla en outubro de 2014, xusto cando se pecha o documental. A cinta foi galardoada co Premio do Xurado Ecuménico da Berlinale. Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v= BJjRnXxgpVQ
MORITZ SIEBERT estudou cinema documental con ESTEPHAN WAGNER na Escola Nacional de Cinema e Televisión do Reino Unido. Ambos son editores e directores do filme con ABOU SIDIBE, nacido en Kidal ( Mali).
A desesperación de Zagros.
Película escollida para a proxección das 22:00 horas é ZAGROS, dirixida en 2017 por SAHIM OMAR KALIFA e producida por Bélxica e Países Baixos. Zagros é un pastor que vive nunha aldea kurda coa súa esposa embarazada, Havin, e a súa filla Rayhan. O seu pai dille que as persoas chismorrean acerca de Havin: hai rumores de que ela ten unha aventura e acúsana de adulterio. Zagros elimina as preocupacións do seu pai mentres confía na súa esposa e négase a dar crédito aos rumores. Pero a longametraxe conta o destino tráxico desta parella. Xunto á súa filla, a muller foxe de Kurdistán a Bélxica. Convencida da súa inocencia, Zagros decide buscala en Bélxica para empezar con ela unha nova vida. Pero en Bruxelas, descóbrese que Havin non dixo toda a verdade, e Zagros comeza a dubidar. Terá que elixir entre o amor que sente pola súa muller e a honra da súa familia. Unha decisión cada vez máis difícil que irá sumindo a Zagros na desesperación. A cinta, que foi a primeira longametraxe de Sahim Omar, conseguiu alzarse co Gran Premio do Festival de Gante.
SAHIM OMAR KALIFA naceu en 1980 en Zakho (Kurdistán iraquí). É un cineasta belga-kurdo radicado en Bélxica. En 2008 obtivo o seu máster en cinema en Sint- Lukas Filme School, en Bruxelas. Kalifa gañou 96 premios internacionais coas súas curtametraxes “ Land of the Heroes”, “Bagdad Messi” e “ Bad Hunter”. Foi preseleccionado para os premios Óscar en dúas ocasións.
As entradas poderanse retirar o mesmo día da proxección, unha hora antes do seu comezo, na billetera do Teatro Principal. Ademais, nesta edición poderanse comprar as entradas de forma online na web de VENDA DE ENTRADAS ABANCA