top of page
Recurso 13okok.png
Recurso 14logos.png
2_The Man Who Sold His Skin_1.jpeg

DESCARGA AQUÍ

PROGRAMA COMPLETO

MÉRCORES 04 DE SETEMBRO, 21.00 H.

Teatro Principal, Pontevedra
 

O HOME QUE VENDEU

A SÚA PEL

(The Man Who Sold his Skin) (FIC)

Kaouther Ben Hania | 2020 | Tunisia | 104’

Sam Ali, un mozo sirio sensible e impulsivo, abandona o seu país e diríxese ao Líbano para escapar da guerra. Con ese desexo de viaxar por Europa e reunirse co amor da sua vida, acepta tatuarse nas costas por un dos artistas contemporáneos máis destacados. Ao transformar o seu corpo nunha prestixiosa obra de arte, Sam dase de conta, pouco a pouco, de que a súa decisión implica todo o contrario ao que inicialmente anhelaba: a liberdade.

DIRECTORA | KAOUTHER BEN HANIA

Kaouther Ben Hania é unha directora e guionista tunecina. Estudou na Escola de Artes e de Cine (EDAC) en Túnez e na Escola Oficial de Cine La Fémis de París. Traballou no Canal de Documentais do Al Jazeera. A súa primeira película, Le Challat of Tunis (2014) foi seleccionada no programa ACID do Festival de Cannes. Foi xurado da Federación Tunecina de Cineastas Amateurs. En 2021 a súa película O home que vendeu a súa pel convertiuse na primeira cinta tucetina nomeada aos Óscar na categoría de mellor película internacional.

2_DIR_Kaouther-Ben-Hania_The-Man-Who-Sold-His-Skin.jpg
bottom of page