top of page
Recurso 13okok.png
Recurso 14logos.png
Little Palestine (Doc).jpg

DESCARGA AQUÍ

PROGRAMA COMPLETO

Little Palestine (Doc) DIR - Abdallah Al-Khatib.jpg

XOVES 05 DE SETEMBRO, 18.30 H.

Teatro Principal, Pontevedra

PEQUENA PALESTINA, DIARIO DUN ASEDIO  (Little Palestine, Diary of a Siege) (DOC)

Abdallah Al-Khatib | 2021 | O Líbano, Francia, Qatar | 89’

O distrito de Yarmouk, en Damasco, Siria, foi o campo de refuxiados palestinos máis grande do mundo ata 2018. O réxime de Bashar Al-Assad considerábao un refuxio para rebeldes e terroristas, e comezou unha campaña de asedio sobre o territorio a partir do ano 2013. Neste escenario entra en xogo Abdallah Al-Khatib, que xunto aos seus amigos documentaron a vida cotiá dos habitantes asediados, dando lugar a esta película.

DIRECTOR | ABDALLAH AL-KHATIB

Abdallah Al-Khatib é un cineasta e fotógrafo sirio-palestino. Naceu e creceu no campo de refuxiados de Yarmouk, en Damasco, Siria, e documentou a vida cotiá dos habitantes asediados durante a guerra civil do país, desde 2011 ata a súa expulsión por parte do Estado Islámico en 2015. O seu traballo foi presentado en varios festivais internacionais, sendo galardoado con varios premios pola súa achega ao cine e á fotografía documental.

PREMIOS

2022 – Premio Arab Film Days Award Ópera Prima – Arab Film Days Festival Oslo, Noruega

2022 – Mención especial del jurado sección Ópera Prima – MiradasDoc, Tenerife, España

2021 – Premio Interreligioso – Visions du Réel, Nyon, Suiza

2021 – Premio da Prensa – War on Screen Film Festival, Francia

2021 – Premio do Público Commerzbank – Filmfest Hamburg, Alemaña

2021 – Mellor Documental – Documentary Competition at IFFI, Innsbruck, Austria

2021 – Mención Especial – Subversive Festival, Zagreb, Croacia

2021 – Mellor Documental – Yamagata International Documentary Film Festival, Xapón

2021 – Premio do Xurado – Festival de Cinéma En ville!, Bélxica

2021 – Premio de Impacto do Público – Vancouver International Film Festival, Canadá

2021 – Honorable Jury Mention – Mostra São Paulo IFF, Brasil

2021 – Premio TV 5 Monde – Carthage Film Festival, Tunisia

2021 – Premio ao Mellor Documental Palestinian Sunbird – Palestine Cinema Days, Ramallah

2021 – Premio Bader a Mellor Longametraxe – Ajyal Film Festival, Doha

2021 – Premio “dende os ollos de Gahndi” – Torino Film Festival, Italia

LIGAZÓNS

IMDB

bottom of page