DESCARGA AQUÍ
PROGRAMA COMPLETO
LUNS 02 DE SETEMBRO, 21.00 H.
Teatro Principal, Pontevedra
ENTRE AS FIGUEIRAS
(Taht Alshajra) (FIC)
Ali El Arabi | 2021 | Exipto, Xordania, Reino Unido | 73’
No noroeste de Tunisia, Sana, Fidé, Melek e Abdou traballan recollendo figos. Baixo o testemuño das árbores e co sol abrasador como pano de fondo, desenvolven novos sentimentos, discuten, coquetean e intentan entenderse. A horta convértese así nun teatro de emocións no que se representan os soños e as esperanzas de cada un deles.
DIRECTORA | ERIGE SEHIRI
Erige Sehiri é unha cineasta de orixe franco – tunisiana. No ano 2019 funda Henia Productions, unha produtora que realiza documentais de autor para distribuílos posteriormente no circuíto de festivais. A súa primeira película de ficción, ”Entre las higueras” (2021), gañou numerosos premios no Festival de Cine de Venecia.
PREMIOS
2023 – Candidata por Tunisia ao Mellor Filme Internacional – Premios Óscar, EE.UU.
2022 – CoProd Premio do Xurado – Festival Internacional de Cine de Cannes, Francia
2022 – Premio Tanit de Plata – Festival de Cine de Cartago, Tunisia
2022 – Gran Premio – Festival Internacional de Cine Francófono, Alemaña
2022 – Mellor Director – Pingyao International Film Festival, China
2022 – Mellor Filme – Namur International Festival of French-Speaking Films, Bélxica
2022 – Premio Rêvolution – Festival Cinéma Méditerranéen, Bélxica
LIGAZÓNS