top of page

DO 30 DE XANEIRO AO 20 DE FEBREIRO DE 2025
PAZO DA CULTURA

Logos Amal en Ruta Carballo.png

Programación

XOVES 30 XAN, 20.00 H.

Pazo da Cultura, Carballo

THE TEACHER (FIC)

Farah Nabulsi | 2023 | Palestina | 115’ 

Un profesor palestino enfrontase á devastadora realidade do conflito en Gaza mentres trata de inspirar aos seus estudantes a través da educación. A película retrata, cunha mirada íntima, o choque entre o idealismo e a brutalidade cotiá onde o ensino convértese nun acto de resistencia. 

DESCARGA AQUÍ

PROGRAMA COMPLETO

The-Teacher-(FIC)_1.jpg

SÁBADO 01 FEB, 20.00 H.

Pazo da Cultura, Carballo

INSHALLAH WALAD (FIC)

Amjad Al Rasheed | 2023 | Xordania, Francia, Qatar, Exipto | 113’ 

Nai e ama de casa, Nawal ten que enfrontarse á súbita morte do seu marido. Segundo a lei de sucesións, a familia do seu marido ten dereito á maioría das súas pertenzas, incluída a vivenda que ela mesma pagou, só porque non ten fillo. Desesperada, finxe estar embarazada. 

Inshallah-wallad_1.jpg

XOVES 06 FEB, 20.00 H.

Pazo da Cultura, Carballo

THE OLD OAK (FIC)

Ken Loach | 2023 | Reino Unido | 110’ 

O filme narra o futuro de The Old Oak, o único pub que resiste nunha vila do noroeste de Inglaterra, onde a xente está abandonando a terra a medida que pechan as minas. As casas son baratas e están dispoñibles, polo que é un lugar ideal para un grupo de refuxiados sirios.  

The-Old-Oak-DAY13-041-И-SIXTEEN-OAK-LIMITED,-WHY-NOT-PRODUCTIONS.jpg

XOVES 13 FEB, 20.00 H

Pazo da Cultura, Carballo

TO A LAND UNKNOWN (FIC)

Mahdi Fleifel | 2024 | Grecia, Reino Unido, Palestina | 105’ 

Chatila e Reda, de orixe palestina, son dous curmáns que remataron vivindo nos suburbios de Atenas buscando unha vida mellor. No intento de aforrar diñeiro para pagar os pasaportes falsos e mudar a Alemaña, Chatila trama un plan extremo que consiste en facerse pasar por traficantes e tomar reféns no esforzo por sacalo a él e ao seu curmán dunha contorna sen esperanza antes de que sexa demasiado tarde. 

To-a-Land-Unknown_1.jpg

XOVES 20 FEB, 20.00 H.

Pazo da Cultura, Carballo

 

BYE BYE TIBERIAS (DOC)

Lina Soualem | 2023 | Palestina, Bélxica, Qatar, Francia | 82’ 

Anos despois de deixar a súa aldea palestina para emprender unha carreira de actriz en Francia, Hiam Abbass regresa á casa coa súa filla neste documental íntimo sobre catro xeracións de mulleres e o seu legado compartido de separación. 

Bye-Bye-Tiberias-(DOC)_1.jpg
Logo_Existir (GAL).png

Carta do director

Nós, os palestinos, non somos nada en absoluto. Ou non debemos ser nada para institucións, estados e organizacións que nos ignoraron desde 1948 e, especialmente, desde hai mais dun ano. Máis de 365 días que seguen sumando. 

 

Desde hai décadas, o pobo palestino foi sometido a múltiples agresións: roubo de terras, confiscación de propiedades, demolición de vivendas, restricións de movemento, limpeza étnica, represión violenta, tortura e morte. Mentres escribo esta carta, están a bombardear a persoas inocentes. Tentan facernos desaparecer, borrar a nosa vida e o noso legado. 

Despois de tantos anos e tantas mortes, temos que dicir, alto e claro, que isto debe rematar. Este xenocidio retransmitido en directo, en tempo real, a golpe de click, ten que parar. O silencio e a neutralidade convértenos en verdugos.  

Os que nos están a masacrar levan tempo utilizando a cultura e os medios de comunicación para encubrir as súas atrocidades. Por iso, cada poema, cada película, cada fotografía, cada libro que publicamos é sinónimo de loita. Os palestinos e descendentes de palestinos convertemos o mero feito de existir en resistencia. AMAL non é só un festival de cine, é un acto de resistencia.  

Nos 22 anos de AMAL, loitamos contra a desinformación que promoven as empresas de comunicación e outros organismos co obxectivo de deshumanizar a cultura e á cidadanía árabe e converter ao resto da sociedade en cómplices desta barbarie.  

 

AMAL significa esperanza en árabe, pero este ano significa, sobre todo, RESISTENCIA.  

Ghaleb Jaber Martínez.

Director da Semana de Cine Euroárabe Amal

Info
carrito.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
Logo Filmin

Semana de Cine Euro-Árabe Amal

Email: arte@araguaney.com | Tel: +34 981-559-612

¡Tus datos se enviaron con éxito!

bottom of page