Novas
Programación
DESCARGA AQUÍ
PROGRAMA COMPLETO
Luns 21 outubro | 20.00 h
Teatro Principal
Proxección
The Teacher (FIC)
Farah Nabulsi | 2023 | Palestina | 115’
Un profesor palestino enfrontase á devastadora realidade do conflito en Gaza mentres trata de inspirar aos seus estudantes a través da educación. A película retrata, cunha mirada íntima, o choque entre o idealismo e a brutalidade cotiá onde o ensino convértese nun acto de resistencia.
Coloquio posterior co actor palestino, Muhammad Abed Elrahman (Adam)
Martes 22 outubro | 21.00 h
Teatro Principal
Proxección
Inshallah Wallad (FIC)
Amjad Al Rasheed | 2023 | Xordania, Francia, Arabia Saudita, Qatar, Exipto | 113’
Nai e ama de casa, Nawal ten que enfrontarse á súbita morte do seu marido. Segundo a lei de sucesións, a familia do seu marido ten dereito á maioría das súas pertenzas, incluída a vivenda que ela mesma pagou, só porque non ten fillo. Desesperada, finxe estar embarazada.
Mércores 23 outubro | 21.00 h
Teatro Principal
Proxección
Bye Bye Tiberias (DOC)
Lina Soualem | 2023 | Palestina, Bélxica, Qatar, Francia | 82’
Anos despois de deixar a súa aldea palestina para emprender unha carreira de actriz en Francia, Hiam Abbass regresa á casa coa súa filla neste documental íntimo sobre catro xeracións de mulleres e o seu legado compartido de separación.
Xoves 24 outubro | 21.00 h
Teatro Principal
Proxección
To a Land Unknown (FIC)
Mahdi Fleifel | 2024 | Grecia, Reino Unido, Palestina | 105’
Chatila e Reda, de orixe palestina, son dous curmáns que remataron vivindo nos suburbios de Atenas buscando unha vida mellor. No intento de aforrar diñeiro para pagar os pasaportes falsos e mudar a Alemaña, Chatila trama un plan extremo que consiste en facerse pasar por traficantes e tomar reféns no esforzo por sacalo a el e ao seu curmán dunha contorna sen esperanza antes de que sexa demasiado tarde.
Venres 25 outubro | 21.00 h
Teatro Principal
Proxección
The Old Oak (FIC)
Ken Loach | 2023 | Reino Unido | 110’
O filme narra o futuro de The Old Oak, o único pub que resiste nunha vila do noroeste de Inglaterra, onde a xente está abandonando a terra a medida que pechan as minas. As casas son baratas e están dispoñibles, polo que é un lugar ideal para un grupo de refuxiados sirios.

“Se teño que morrer,
ti debes vivir para contar a miña historia”
Poema nº 7D, Refaat Alareer
Nós, os palestinos, non somos nada en absoluto. Ou non debemos ser nada para institucións, estados e organizacións que nos ignoraron desde 1948 e, especialmente, desde hai un ano. Máis de 365 días que seguen sumando.
Desde hai décadas, o pobo palestino foi sometido a múltiples agresións: roubo de terras, confiscación de propiedades, demolición de vivendas, restricións de movemento, limpeza étnica, represión violenta, tortura e morte. Mentres escribo esta carta, están a bombardear a persoas inocentes. Tentan facernos desaparecer, borrar a nosa vida e o noso legado.
Despois de tantos anos e tantas mortes, temos que dicir, alto e claro, que isto debe terminar. Este xenocidio retransmitido en directo, en tempo real, a golpe de click, ten que parar. O silencio e a neutralidade convértenos en verdugos.
Os que nos están a masacrar levan tempo utilizando a cultura e os medios de comunicación para encubrir as súas atrocidades.
Por iso, cada poema, cada película, cada fotografía, cada libro que publicamos é sinónimo de loita. Os palestinos e descendentes de palestinos convertemos o mero feito de existir en resistencia. Amal non é só un festival de cine, é un acto de resistencia.
Nos 22 anos de Amal, loitamos contra a desinformación que promoven as empresas de comunicación e outros organismos co obxectivo de deshumanizar a cultura e á cidadanía árabe e converter ao resto da sociedade en cómplices desta barbarie.
Amal significa esperanza, pero este ano significa, sobre todo, RESISTENCIA.
Ghaleb Jaber Martínez,
Director da Semana de Cine Euroárabe Amal.
